Deixar un comentario

A Semana Santa

Na Semana Santa estamos de vacacións. Xunto a Rois, en Padrón, hai atraccións toda a semana. Pero isto, non é a verdadeira Pascua. A Pascua é unha festa moi importante para nós, os cristiáns, porque ese foi o día no que morreu Xesús, cruxificado por Herodes. Na miña parroquia, que por certo é Oín, e nas demáis, cada primer Domingo de Pascua imos á Igrexa con ramas de olivo ou palmas, porque Xesús, a noite que o prenderon, foi ao campo de olivos a rezar. No mesmo domingo abren as atraccións en Padrón pero eu e meus pais non puidemos ir, tiñamos outro compromiso. Ademáis, eu tampouco son de festas. Fun nas atraccións os demáis días pero a min pareceme que as atraccións non son o máis importante. O máis importante é entender o mensaxe de Xésus.

En Semana Santa fun en moitas atraccións. Ao fondo había un teatro virtual en 6D con quen fun coas miñas amigas: Nerea e Salomé. Cada día era un vídeo distinto pero sempre daba moito medo.

Despois da Semana Santa empeza o terceiro trimestre do cole. A Semana Santa é a primeira festa da primaveira.  Esta Semana Santa dinme conta de que á xente só lle importa a Pascua se hai diversión e lles dá igual se hai domingo de olivos ou outra festa relixiosa.  Pois eu direívos unha cousa: a parte da Pascua que máis me gustou foi o Domingo de Pascua.

En Semana Santa, os padriños danlles aos seus afillados galanos e un ovo de pascua. Os meus tamén mos deron, bueno a miña madriña deume unha galiña de chocolate en vez dun ovo. Case sempre me regalan roupa pero a min dame igual. Os meus tíos tamén de deron galanos pero foi un libro de Charles Dickens, Oliver Twist, de 531 páxinas. A min encantame a literatura.

                      María Losada Vázquez – 3º Grupo, 5º E.P

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: