Archive | Abril 27, 2012

You are browsing the site archives by date.

O TEMPO

Hoxe Rois está cheo de néboa; case non se ven as montañas. Isto foi un cambio moi grande: onte á tarde estaba todo despexado e claro; non había néboa ningunha. Natalia:A min non me gusta a néboa porque non se ve nada. Nerea:A min gústame moito o día de hoxe, está precioso. Ata para xogar […]

O Miño e o Sil

Os ríos máis importantes de Galicia son o Miño e o Sil -O Miño é o río máis longo de Galiza, cunha lonxitude de 350 km. O Miño nace no pedregal de Irimia, na serra de Meira, no concello lugués de Meira. Atravesa Lugo e Ourense, e desemboca na Guarda (Pontevedra) facendo fronteira con Portugal. […]

O centro da Terra de Rois

Nunca pensaches en atravesar o centro da Terra? Pois nós mostrámosvos o lado contrario de Rois no mundo: estamos nas antípodas de Nova Zelandia, é dicir, se poidésemos atravesar o planeta dende Rois, pasando polo centro da Terra, chegariamos a Nova Zelandia. Sara, Martina e Clemente.- Grupo nº 2 – 5º EP

Entrevistamos a María e a Laura para o noso blogue!!

María Vilas e Laura Calvo falan para o noso blogue da súa experiencia no concurso organizado pola NASA -entre outras organizacións- para xóvenes científicos de todo o mundo. A entrevista podedes vela na sección “O colexio” deste blogue. Aarón Lorenzo, María Losada e Estela Otero. 3º grupo. 5º de E.P.