Deixar un comentario

Kenya pon en marcha unha iniciativa para evitar que o SIDA e o VIH pasen de nais a fillos.

UNICEF uniuse co goberno kenyano e outros colaboradores para evitar a transmisión do VIH e o SIDA de nais a fillos. A iniciativa consiste en un paquete de medidas que inclúen medicamentos antirretrovirais e antibióticos para evitar que pase de nais a fillos.

O paquete de medidas forma parte da iniciativa Maisha, que se fixo co obxectivo de evitar a transmisión do VIH de nais a fillos e o SIDA infantil para o 2013 nas provincias de Nyanza e Rift Valley, onde viven a metade dos nenos kenyanos con VIH, e para 2015, en todo o país. Sen o tratamento, ao redor da metade dos nenos que nacen con VIH e SIDA morrerían antes de cumprir os dous anos.

Anthony Lake, director executivo da UNICEF, eloxiou ao goberno de Kenya polo seu compromiso na loita contra a transmisión do SIDA de nais a fillos. Maisha significa “vida” en lingua Kiswahili, e non se lles ocorre outra maneira para definir un programa con tanto potencial para salvar vidas.

Kenya marca o comezo desta iniciativa, que se poñerá en marcha noutros tres países máis, como Camerún, Lesotho e Zambia e que se estendeu ata mediados de 2011. Durante esta fase inicial, UNICEF e os seus aliados seguiron de preto a acollida desta medida por parte das mulleres con VIH, así como a calidade das subministracións e a distribución.

Tratouse dunha iniciativa que puxo en marcha UNICEF en colaboración coa Organización Mundial da Saúde, UNITAID e outros colaboradores. Os promotores de saúde nas clínicas prenatais foron encargados de distribuír os paquetes de subministracións ás mulleres embarazadas con VIH que non necesitaron aínda tratamentos retrovirais.

Maisha ten como obxectivo aumentar o número de partos con asistencia de parteiras cualificadas. Ademais, o programa contempla a participación de “Nais mentoras” para apoiar ás mulleres embarazadas con VIH; a introdución dun enfoque mellorado de diagnóstico temperán para os nenos.

Aínda que a taxa de prevalenza do VIH en Kenya está a diminuír constantemente, aínda 22.000 nenos contáxianse ao ano. En Kenya viven con VIH e SIDA ao redor de 1,4 millóns de persoas, entre as que se atopan 81.000 mulleres embarazadas.

º

María Losada Vázquez – 5 grupo, 6º E.P.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: