Nesta páxina as nenas e nenos de 5º de E.P. do CPI dos Dices-Rois publicamos os nosos contos epoemas.
Conto de medo
Nunha noite de Samaín fría e escura, a familia Domínguez, que era moi rica, abandoou o seu fillo de 3 anos no parque de Lamego. Siro, que así se chamaba, morreu aos 4 días abandonado por falta de comida e auga. O cadáver estivo no parque durante 6 meses e quen o sacou de alí foi o diaño. 8 anos despois tiveron outro fillo, Alexio. Despois de 3 anos e 133 días, no mesmo parque, o teléfono móbil da nai soou misteriosamente e ela pensou que era unha emerxencia. Ao outro lado do teléfono móbil escoitáronse murmurios e Alexio desapareceu. Buscaron e buscaron por todos lados pero Alexio non daba sinais de vida. Sabían que a desaparición de Alexio fora causada por Siro. Cada vez que os Domínguez mencionaban o nome dos nenos mortos, pasábanlle cousas estrañas como se os estivesen observando. A familia Domínguez, a pesar da morte dos seus antigos fillos, tivera 5 máis. Siro fixo un exército de fillos mortos e cada vez que tiñan outro, raptábano para matalo. Cando a familia Domínguez morreu, a casa quedou valeira, pero non de todo…
Samuel, Ana, Sara e Brais – 6º dee EP
OS PEIXIÑOS
Os peixes salgados
veñen sen mais,
tan solitarios,
sen os seus pais,
rogando e rogando;
para collelos
sen mais
queren a alguén
para acompañar.
Os nenos xogan no xardín
e os peixes en Marín;
os peixiños soíños
están con medo
porque os nenos pequenos
intentan comelos.
O partido de brilé
Nerea e Yago eran dous nenos de 5ºde primaria. Aos dous lles encantaba xogar ao brilé, anque a Yago tamén lle gustaba xogar ao fútbol. Un día dous nenos de 6º de primaria desafiáronos a un partido de brilé no colexio. Xogaron e xogaron ata que brilaron a Benxamín e José quedou só; Benxamín lanzou unha pelota moi forte, pero que moi forte, que lle dou a Nerea.
-Por que me lanzaches ese balón tan forte? -preguntou Nerea.
-Porque me dou a gana -dixo Benxamín
-Ei, mozas, non bos enfadedes!! -engadeu Yago.
E despois desa gran descusión ganaron o partido e sentíronse moi felices.
Martina Fuentes. 5º B
COUSAS
Teño unha moto e vou como un tolo,
Sempre chego pronto e nunca me trabuco.
Teño un can, un pouco marrán
que nunca me da a man e sempre me come o pan.
Non me deixarán ir ata que remate de escribir;
non sei cando van vir, pero non vou dormir.
Javier
O soto misterioso
Ana e a súa familia acababan de mudarse a unha aldea chamada Vilachán.
O que eles non saben é que o soto da súa casa estaba encantado por unha pantasma, que era a antiga dona da casa. Fora asasinada hai uns 500 anos ao pouco de falecer o seu home. Ela morrera na noite seguinte despois de escoitar ruídos estraños que procedían do soto. Asustada, baixou ao soto e, de súpeto, zas!!! a pantasma do seu marido, resentido porque ela o matara, decapitouna. Ela matouno para quedarse con todas as súas riquezas; e dende aquela conta a lenda que segue rondando polo soto, e decapitando a calquera que se atrevera a entrar.
Cando Ana chegou á casa co seu pai Tino, a súa nai Lola e o seu avó Fito, notou unha rara sensación, como se houbera unha horripilante presenza.
–Mamá, papá, vós non notades algo raro? -preguntou Ana
–E logo ti nótalo ? -preguntaron sorprendidos.
–Si… non… ás veces… -respondeu.
–Son os nervios, pero asegúroche que aquí non hai nadie mais ca nós -respondeu seu pai Tino.
–Avó, ti cresme, verdade? -preguntou Ana.
–Si, claro, eu tamén o sinto -responde o avó.
Dúas ou tres semanas despois Ana decidiu entrar no soto e acabar dunha vez por todas co misterio. Para iso pediulle ao seu avó que a acompañara. O avó aceptou a cambio de non dicirlle nada aos pais de Ana.
Arredor das 12:00, Ana e o seu avó dirixíronse cara ao soto.
Nada máis abrir a porta escoitouse unha voz profunda, fría e estarrecedora que dicía:
-Fóra de aquí!!!
Ana e o seu avó quedaron como pedras, puxéronselle os pelos de galiña. Cando se recuperaron, Ana, con voz moi baixiña, preguntou.
-Quen…quen es?
–Son Rosalía, a dona desta casa; quen es ti? -dixo a voz.
-A dona desta casa? -preguntou Fito.
-Si! Que facedes vós aquí? -retrucou Rosalía
-Pero como a dona desta casa, se ti estás morta!! -exclamou Ana.
–Que fas aquí? -preguntou Fito.
E Rosalía empezou a contarlles toda a súa historia.
Ao día seguinte, xa pola mañá, Lola e Tino, é dicir, os pais de Ana, fórona buscar ao seu cuarto para contarlle que Lola súa nai estaba embarazada.
Pero cando entraron déronse de conta de que Ana non estaba; pasara toda a noite falando con Rosalía e co seu avó. Seus pais estaban moi preocupados; fórona buscar ao cuarto do avó por se fora xunto a el, e decatáronse de que tamén faltaba o avó.
Rapidamente foron mirar ao que eles crían que era a único sitio da casa onde Ana non querería ir: ao soto.
Cando seus pais chegaron á porta do soto Lola abriuna; e de repente desmaiouse. Tino colleuna e Ana sorprendeuse porque pensaba que era de noite.
-Mamá, papá, que facedes aquí? -preguntou Ana
–A pregunta é que fas ti aquí e quen é esta… Aaaaaaaaaaaahh!! é… é unha pantasma!!! -exclamou Tino.
–Si, é unha pantasma, e chámase Rosalía; é simpática, pero tamén e algo aterradora. -respondeu Fito.
–Ola, pantasma, encantado de coñecerte, pero… adeus! -dixo Lola
–Como que adeus? -Preguntou Ana.
–Home, non pretenderás que se quede a vivir aquí non? -preguntou Tino.
–Pois si -respondeu o avó
–Veña, non a podedes botar, ela quedaríase no soto, e encargaríase de coller a súa propia comida!! -propuxo Ana
-Vale, está ben, pero á mínima fóra, vale?. -decidiron seus pais a coro.
–E como viñestes dar aquí? -preguntou Ana.
–E que túa nai e máis eu témosvos unha noticia que dar: túa nai esta embarazada -dixo Tino .
Salomé