LETRAS GALEGAS 2017
Carlos Casares
Morre aos 60 anos de idade escritor e editor Carlos Casares, eixe da cultura galega.
Carlos Casares Ouriño, nado en Ourense o 24 de agosto de 1941 e finado na Ramallosa, Nigrán, o 9 de marzo de 200
2, foi un escritor en lingua galega, crítico literario e político.
Estudou en Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto con representantes do galeguismo, como Ramón Piñeiro.
Colaborou en varias revistas e xornais, 1989-2002, ano da súa morte. Parte deste xornalismo foi publicado en forma de libro: -A Fundación Carlos Casares naceu en 2002 polo Espírito de animación a inspirou a vida e obra de Carlos Casares, sendo a súa pretensión de ser constituído por exemplo nunha reflexión sobre a sociedade e Galegas cultura.
No ano 1982, Casares sae elixido deputado ao Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral de Ourense. Presentouse ás eleccións como “galeguista independente” nas listas do PSdeG-PSOE e nesa andaina estivo acompañado por Ramón Piñeiro, Alfredo Conde e Benxamín Casal. Casares gardou sempre un excelente recordo daquela primeira cámara autonómica, que presidiu Antonio Rosón no Salón Nobre de Fonseca.
Foi en 1992 cando Casares empezou a publicar diariamente en La Voz de Galicia a súa columna “Á marxe”. O éxito sorprendeu a Casares e ao propio periódico: nunca antes unha columna escrita en galego chegara a aparecer entre as máis tenazmente lidas e preferidas polos lectores de “La Voz de Galicia”.
Traxectoria
Fillo de Francisco e Manuela, Carlos, segundo de tres irmáns, naceu no seo dunha familia de clase media. Con tres anos de idade a familia trasladouse a Xinzo de Limia.
Fillo dunha familia con grandes vencellos relixiosos, Carlos será enviado ao Seminario de Ourense. Cursou os estudos de bacharelato por libre, o cal lle facilitou unha chea de horas de liberdade que investiu no que foron os comezos da súa creación literaria. Así, gañou o primeiro premio do Concurso Provincial de Contos do Nadal na capital ourensá.
Un ano despois gañou o premio Galaxia, conmemorando o 25 aniversario da editorial, coa obra Xoguetes para un tempo prohibido, novela onde fai un retrato da súa xeración.
A pesar do seu traballo como ensaísta, non esqueceu a narrativa, e seguiu publicando obras con boa acollida polo público, como Os escuros soños de Clío; Ilustrísima e tras deixar a súa carreira parlamentar. Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán .
Narrativa
Cambio en tres.
Xoguetes pra un tempo prohibido.
Os escuros soños de Clío.
Ilustrísima.
A galiña azul.
Ensaio
Á marxe, 1992. Obra xornalística I.
Á marxe, 1993. Obra xornalística II.
Á marxe, 1994. Obra xornalística III.
Á marxe, 1995. Obra xornalística IV.
Á marxe, 1996. Obra xornalística V.
Á marxe, 1997. Obra xornalística VI.
Á marxe, 1998. Obra xornalística VII.
Literatura infantil
A galiña azul
As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, obra teatral, ilustrada por Luís Seoane.
O can Rin e o lobo Crispín.
Este é Toribio.
Arquivo da Galipedia: Carlos Casares
Grupo 3: Manuel, Damián, Julián, Brais Pérez e Martín.
Letras Galegas 2013
INTRODUCION:
Neste ano 2013 o día das letras galegas adicaráselle ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Roberto naceu o 31 de xullo do 1950 e faleceu en Santiago o 11 de setembro do 2002 . Era un autor e actor de teatro galego. Foi un pioneiro da dramaturxia profesional en Galicia.
BIOGRAFÍA:
Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1950 e faleceu en Santiago de Compostela no ano 2002.
Roberto Vidal Bolaño tiña un talento creativo que ensinaba en todos os sitios nos que se ocupaba dende que se iniciou no mundo do teatro, alá polo ano 1974, co grupo Antroido. Un grupo que viña a recoller algo como os primeiros pasos do autor e que sentiu os apoios dunha nova forma de construír o teatro, de comprendelo… Con este grupo creáronse 11 montaxes teatrais, case todas baixo o seu selo, coas súas formas de crear…
Gustaríalle entón o espiral do teatro do que non se despegou e foi cabeza visible de moitas formacións. Co grupo chamado Grupo Abrente, no que a partir da década dos 70 se puxo a traballar para renovas tanto a escrita como a representación, daría lugar a grandes formacións teatrais.
Formou parte del, un dos máximos revulsivos do teatro actual galego nacido ao abeiro do teatro de Ribadavia, do aquí, a súa actual compañía, aínda que os seus últimos pasos estarían unidos ao Teatro.
Roberto sabía traballar e sabía o que tiña entre mans, e iso amosoulle que dende o mesmo día que subiu a un escenario tanto como para interpretar como para dirixir. E isto vírono todos, e durante a década dos 70 e os 80 foron recopiando gran cantidade de premios.
POR QUE SE LLE ADICAN A ROBERTO VIDAL BOLAÑO?
A Real Academia Galega escolleu por maioría como autor homenaxeado no Día das Letras 2013 a Roberto Vidal Bolaño, polo seu papel, e porque por enriba de todo, foi un extraordinario escritor. Vidal Bolaño contou con numerosos apoios entre os académicos, comezando por Paco Fernández Rei, ou Margarita Ledo e Euloxio Ruibal, que ao remate do plenario explicaron os motivos da escolla do dramaturgo.
OBRAS QUE REPRESENTOU:
-
A casa dis afogados (Miguel Anxo Fernán-Vello)
- Rosalía (de Ramón Otero Pedrayo) (1985)
- Caprice des Dieux (1985)
- Anxeliños. Comedia satánica (1996)
- Mar revolto (2001)
ALGUNHAS OBRAS QUE ESCRIBIU:
- Bailadela da morte ditos (1980).
- Agasallo de sombras (1992).
- Cochos (1992, Sotelo Blanco).
- Días sen gloria (1992).
- Saxo tenor (1993).
- Integral (2003).
Premios e recoñecementos
PLACA DE RÚA ADICADA EN SANTIAGO:
- Abrente (1976), con Laudamuco señor de Ningures.
- O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou trocar en rato pequeno o meirande xigantón.
-
Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de mortos e ausentes).
- O Facho (1979) Mención honorífica con Ruada das papas e do unto.
- Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa.
- Medalla de ouro (Premio cidade de Valladolid) (1983–1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.
- Premio Álvaro Cunqueiro.
- Premio Xacobeo (1992).
- Premios Rafael Dieste 1992 e 1997 da Deputación da Coruña.
- Premio María Casares da AAAG en catro ocasións (1998, 1999, 2001 e 2003).
- Premio Eixo Atlántico.
- Premio Maruxa Villanueva (2001) do concello de Padrón.
- Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega pola súa obra Criaturas).
- Rúas en Santiago de Compostela e Perillo, Oleiros, levan o seu nome.
- O auditorio de Gondomar leva o seu nome.Cómpre referencia
- Día das Letras Galegas 2013.
Fragmentos de obras
O HOME SERIO: a esa distancia e con esa munición,era mortal de necesidade.
O XUDEU: Vexo que entende de armas
O HOME SERIO: Un pouco. Hoxe en día non sobran na casa de ninguén.
O XUDEU: E menos da súa. Siga o meu consello, señor. Hai demasiada merda na vida de cadaquén como para que resulte prudente remexer nela por cousa disto.
HORTENSIA: (Dende a ventá) ¿E as campás?
CHONCHONIÑA: Cala mamá.. Non te metas.
HORTENSIA: Hai que avisa-lo crego para que mande toca-la campás.
VIDAL BOLAÑO ROBERTO
Título: Saxo Tenor.
Editorial: Xerais.
VÍDEOS:
Grupo de traballo nº 1 (Salomé, Sara e XabierR
LETRAS GALEGAS 2012, DEDICADAS A VALENTÍN PAZ ANDRADE
Vídeo realizado por Luís Aldegunde (CPI dos Dices)
No ano 2011 o Día das Letras Galegas dedicouse a Lois Pereiro, pero este ano será para Valentín Paz Andrade
Datos persoais de Valentín Paz-Andrade
Nacemento: 23 de Abril de 1898 en Pontevedra.
Pasamento: 19 de Maio de 87, en Vigo.
Valentín Paz-Andrade, nacido no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 18981 e falecido en Vigoo 19 de maiode 19872?, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poetae xornalistagalego. En 2012adicaráselle o Día das Letras Galegas
Licenciado en Dereito (1921) pola Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese pola literatura comezou grazas á influencia do seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra.
Durante a súa etapa formativa iniciouse no movemento galeguista, participando na II Asemblea Nacionalista de Santiago de Compostela (1919), e sendo colaborador do xornal Gaceta de Galicia. Foi director do xornal galeguista Galicia entre 1922 e 1926, cando foi pechado pola ditadura de Primo de Rivera. Á súa caída, presidiu o Grupo Autonomista Galego (1930), que constituía o núcleo do galeguismo en Vigo e, tras a integración daquel no Partido Galeguista, foi dirixente do devandito partido, do que foi nomeado secretario en 1934.
Foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 pola Candidatura Galeguista, xunto a Castelao e Ramón Cabanillas, sen éxito (posiblemente debido ás irregularidades, fundamentalmente en beneficio do Partido Radical). Ademais, colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos (1931) e publicou diversos artigos políticos no Pobo Galego.
Co estalido da Guerra Civil axudou a fuxir a diversos intelectuais galeguistas e defendeu a outros das condenas que lles eran impostas. Posteriormente, foi desterrado a Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Villanueva de la Serena (Badaxoz). Ao longo da súa vida, e debido aos seus artigos e a súa vinculación política, foi detido en diversas ocasións.
Foi director da revista Industrias Pesqueiras (1942). Avogado de prestixio en Vigo, foi un dos impulsores do grupo industrial Pescanova, que converteu na primeira compañía armadora europea de buques conxeladores, e da que foi vicepresidente (1960). Traballou tamén como técnico da FAO, coa que participou en diversos congresos e seminarios, e para a que publicou o primeiro tratado sobre Principios de economía pesqueira (1954). Ademais, foi o primeiro especialista español proposto por esta organización para misións internacionais en Hispanoamérica.
Nesta época seguiu colaborando no Pobo Galego e publicou diversos artigos en Faro de Vigo e A Noite, asinados cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro. A partir de 1945 organizou o faladoiro do café Alameda, en Vigo, onde se reunía con intelectuais e artistas como Carlos Maside, Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego e os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros.
De novo en política, formou parte da Xunta Democrática, da e da Plataforma de Organizacións Democráticas, e foi elixido senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Galega nas eleccións de 1977. Nas eleccións de 1979 repetiu candidatura, pero esta vez sen éxito. No ano 2012 dedicaráselle o Día das Letras Galegas.
Poema de Valentín
Cando O que todo galego choraría
CHORA, TERRA, teu pranto
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da raza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan.
…?
—Valentín Paz-Andrade
Isto é todo, asi que os do terceiro grupo de 5º de ep desexámoslle feliz Día das Letras Galegas
FIN
Feito por: María, Aarón e Estela
terceiro grupo 5º ep
_____________________________________________________________
As letras galegas ao longo do tempo
O 20 de marzo de 1963, tres persoas da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: Que se declarase o día 17 de maio de cada ano “Dia das Letra Galegas” . As persoas as que lle debemos as grazas por propoñer iso son a Manuel Gómez Román, a Xesús Ferro Couselo e a Francisco Fernández del Riego, ocurriuselles porque querían demostrar a intelectualidade galega e empezaron dedicándollo a Rosalía de Castro e a o seu libro “Cantares Gallegos”. Propúxose o día 17 de maio, porque era a data de cando Rosalía de Castro lle dedicou Cantares Gallegos ao poeta Fernán Caballero. Naquel momento foi nomeada como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primeiro libro galego que tivo unha significación universal.
ROSALÍA DE CASTRO:
Rosalía de castro de Murgia naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro do ano 1837, finada en Padrón o 15 de xullo do ano 1885. Rosalía de Castro foi unha das mellores escritoras en lingua galega así coma tamén unha das principais responsable do rexurdimento galego decimonónico.
UXÍO NOVONEYRA:Uxío Novoneira tamén chamado Eugenio Novo Neira. Naceu o 19 de xaneiro de 1930 e finado en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999. El vivía na parroquia de San Xoán de Seoane do Courel e foi un poeta escritor de Galicia.
LOIS PEREIRO: Lois pereiro tamén chamado Luís Ángel Sánchez Pereiro. Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e finado na Coruña o 24 de Maio de 1996 foi un escritor e poeta galego.
Agora imos falar sobre as persoas que recibiron a homenaxe do día das letras galegas. E ademais tamén cos libros que os homenaxearon.
Estas son as persoas as que lle dedicaron o día das letras galegas.
Rosalía de Castro (1963) · Alfonso Danel Rodríguez Castelao (1964) · Eduardo Pondal (1965) · Francisco Añón Paz (1966) · Manuel Curros Enríquez (1967) · Florentino López Cuevillas (1968) · Antonio Noriega Varela (1969) · Marcial Valladares Núñez (1970) · Gonzalo López Abente (1971) · Valentín Lamas Carvajal (1972) ·Manuel Lago González (1973) · Xoán V. Viqueira Cortón (1974) · Xoán Manuel Pintos Villar (1975) · Ramón Cabanillas (1976) · Antón Vilar Ponte (1977) · Antonio López Ferreiro (1978) · Manuel Antonio (1979) · Afonso X o Sabio (1980) · Vicente Risco (1981) · Luis Amado Carballo (1982) · Manuel Leiras Pulpeiro (1983) · Armando Cotarelo Valledor (1984) · Antón Lousada Diéguez (1985) · Aquilino Iglesia Alvariño (1986) · Francisca Herrera Garrido (1987) · Ramón Otero Pedrayo (1988) · Celso Emilio Ferreiro (1989) · Luis Pimentel (1990) · Álvaro Cunqueiro (1991) · 1993)· (1993)· (Eduardo Martín Codax (1994)· Rafael Dieste (1995)· Xesús Ferro Couselo (1996)· Ánxel Fole (1997)· / Luis Seoane / Mendinho (1998)· Roberto Blanco Torres (1999)· Manuel Murguía (2000)· Eladio Rodríguez (2001)· Frei Martín Sarmiento (2002)· Antón Avilés de Taramancos (2003)· Xaquín Lorenzo (2004)· Lorenzo Varela (2005)· Manuel Lugrís Freire (2006)· María Mariño Carou (2007)· Xosé María Álvarez Blázquez (2008)· Ramón Piñeiro (Bouza-BreyFermín 2009)· Uxío Novoneyra (2010)· Lois Pereiro (2011) Valentín Paz-Andrade (2012).
Agora mostraremos algúns poemas galegos.
Cantares gallegos.
«Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.
«Has de cantar,
meniña gaiteira,
has de cantar,
que me morro de pena.
Canta, meniña,
na veira da fonte;
canta, dareiche
boliños do pote.
Canta, meniña,
con brando compás,
dareiche unha proia
da pedra do lar.
Papiñas con leite
tamén che darei;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.
Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces,
¡que ricas que saben!
¡Que feira, rapaza,
si cantas faremos…!
Festiña por fóra,
festiña por dentro.
Canta si queres,
rapaza do demo;
canta si queres,
dareiche un mantelo.
Canta si queres,
na lengua que eu falo;
dareiche un mantelo,
dareiche un refaixo.
Rosalía de Castro.
Se o pasado é pasado
Se o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?
Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.
Camiño de volta fago.
Volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.
Uxío Novoneyra.
Cero a esquerda.
O corredor de fondo perde o alento
fuxindo dunha vida inzada de renuncias
da súa liturxia obesa e oleosa,
mediocre nos seus comunais fracasos,
bágoas de xelo, indignación contida
non deu chegado a tempo de exercer
a súa rebelión,
nin de levar a cabo
a súa vinganza definitiva
contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
pola inutilidade da súa propia vida
solitario, enfermo e fatigado,
a morte anticipouse e chegou antes.
Outono 95.
Lois Pereiro.
Sara, Martina e Clemente (grupo 2)
Marcadores para as letras galegas
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|