Deixar un comentario

Cultura popular

OS HÓRREOS DE GALICIA

Que son:

O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable

Partes do hórreo galego

Partes do hórreo galego

ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais.

Uso do hórreo:

O uso do hórreo galego está estendido pola meirande parte do territorio de Galicia, occidente asturiano ata o Navia, e norte de Portugal, especialmente por aquelas zonas de clima máis oceánico. As zonas montañosas do leste de Ourense e do sueste de Lugo, así como o nordeste de Portugal non teñen hórreos. Xa fóra de Galicia, en Portugal empréganse espigueiros, que son variantes do mesmo tipo arquitectónico, e que á súa vez presentan algunhas subvariantes locais.

Características:

A explicación máis aceptada da orixe do termo hórreo e as súas variantes (hórrio, orno e órneo) remite ao latino horreum (do grego ὡρεῖον, σιτοφυλακεῖον, ἀποθήκη, celeiro), que designaba en orixe un edificio no que se gardaban froitos do campo, especialmente o gran.

Historia:

A área de expansión do hórreo galego coincide aproximadamente cos límites da Galicia histórica, cunha exacta correspondencia co límite lingüístico polo leste. Así, mentres o hórreo de cámara cadrada ten parentesco con construcións análogas da Europa central e setentrional, propias de poboacións adicadas ao pastoreo, o hórreo de corres, xermolo do actual hórreo galego, garda similitudes con outros da rexión mediterránea propios de pobos recolledores. Atribúese a súa introdución en Galicia a pobos preceltas de procedencia e cultura mediterráneas, os coñecidos polo nome de oestrimnios.

En calquera caso todos os autores coinciden na diversidade de orixes para os hórreos de cámara cadrada (ástur, cántabro, vasco-navarro e leonés) e os de cámara rectangular (galego e portugués).

Hai unha historia que conta como chegaron o hórreos a Nova Zelanda e Australia:

Arredor do século XVII ou XVI un mariño galego perdeuse. Chegou a Nova Zelanda ou Australia. Alí aprendeulles aos indíxenas a construír hórreos. Eses hórreos recibiron o nome de hórreos pataka. Logo despois volveu a Galicia.

Marcos,Sofía, Carla, Yago 6º E.P.

Os cruceiros

Un cruceiro é un monumento relixioso composto por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, chantada sobre unha columna que se levanta sobre unha base de pedra. O cruceiro é un dos monumentos máis característicos e singulares da cultura galega, perfectamente integrado na paisaxe rural de Galicia. O cruceiro tamén é viracruciscaracterístico doutras rexións atlánticas como Irlanda ou Bretaña. Non se coñece o número dos cruceiros de Galicia. A Universidade da Coruña, que está realizando desde o ano 1993 un inventario municipio a municipio, estima o número en 12.000 cruceiros. Hai catalogados case 140 cruceiros no Porriño, 118 en Rianxo, algo máis de 300 en Vilalba e máis de 250 cruceiros en Pontevedra. Desde os comezos do cristianismo impúxose unha sacralización dos lugares de culto pagán ou sospeitosos de ter culto. Con ese obxectivo erixíronse cruces sobre monumentos pagáns de carácter relixioso. A orixe dos cruceiros pode estar na segunda metade do século XIV ou no século XV.

As partes dun cruceiro son:cruceiro de sorribas.redimensionado

Cruz: Instrumento de martirio formado por dous paus atravesados.

Capitel: Peza con ornamentos situada na parte superior da columna que sostén a arquitrabe.

Colariño: Moldura que está entre o fuste e o capitel dun cruceiro.

Fuste/Varal: Parte alongada dunha columna, comprendida entre a base e o capitel.

Pedestal: Peza sólida que soporta o peso do cruceiro.

Plataforma: Superficie plana e horizontal elevada do chan.

En Rois hai alomenos 130 cruceiros repartidos en cruces, cruceiros de varal e cruceiros de capela. Entre eles está o viacrucis de Sorribas, o cruceiro de Ribasar, cruceiro do pazo do Faramello, o cruceiro de Oín, o cruceiro de Buxán, o cruceiro da Peroxa e o cruceiro de Herbogo.

O cruceiro manco

No medio do monte

había un cruceiro.

Faltáballe un brazo

por culpa dun golpe.

 

A xente que viña

traíalle flores

por causa dun home

que din que morrera

había cen anos

sen culpa e sen nome.

Equipo nº 5: Aarón, Martina e María

OS MUIÑOS DE ROIS

Dentro da arquitectura popular galega o muíño representa un importante papel, xa que na economía tradicional o gran foi un elemento fundamental.

Muíño de Buxán

Muíño de Buxán

A finalidade máis xeneralizada do muíño é a de moer o gran para a obtención de fariña, a cal se empregaba para facer o pan, base da alimentación tradicional. Tamén existen outros tipos cun fin diferente: o de aceite (Quiroga), o de casca que moía a cortiza de carballo ou de aciñeira para curtir peles, o do papel, e os empregados para producir enerxía eléctrica. O gran mallábase (trigo, centeo) ou debullábase (millo), logo secábase e gardábase. Unha vez seco xa se podía levar ao muíño para obter a fariña, coa cal se preparaba a masa para facer os bolos de pan. Finalmente estes cocíanse no forno.

OS MUIÑOS DE AUGA

Os muiños son pequenas edificacións de pedra que están situadas á beira dos ríos ou de regatos, xa que utilizaban a forza da auga para o seu movemento. Antigamente os muíños de auga utilizábanse para moer millo, centeo, cereais que se utilizaban para facer fariña coa que logo se facía pan nas casas e tamén para darlle de comer aos animais.Todos os veciños dispoñían duns días e unhas horas para poder utilizar o muíño ou tamén, se estaba en propiedade, deixábaselle unha parte da fariña que se moía ao propietario.

Muíño de Silvarredonda

Muíño de Silvarredonda

Nas aldeas e vilas galegas e asturianas había centos de muíños. Daquela non se podía vivir sen un muíño; na atualidade non se utilizan porque foron substituídos por muíños eléctricos que temos nas casas. Oxe en día a maioría deles están abandoados, aínda que hai algún muíño que se restaurou, como o muíño de Seira.
Como vedes, os muíños foron algo moi importante para os nosos antepasados, e unha axuda fundamental para poderen sobrevivir.

Partes dun muiño:

Quenlla: é a parte onde se bota o millo.
Cuñas ou liviadoiro: serve para levantar ou baixar a capa para facer distintos tipos de fariña.
Capa: é a que pousa encima do pé para facer a fariña máis fina ou máis grosa.
Pé: é o que aguanta da capa.
Reducio: é o que fai mover ao muiño coa forza que trae a auga que vén pola canle e que chega ata o mu íño e este ao seu tempo baila sobre dúas pezas que se chaman a rá e o ovo, e segundo sube e baixa saca a fariña que sen quere, como por exemplo o óleo.

Os muíños

Un muíño é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, …

O muíño roula, roula,
Muíño da canle (Silvarredonda)

Muíño da canle (Silvarredonda)

o muíño roulador.
Volta as augas do regato
en marmurio cantador.
O muíño roula, roula,
e non deixa de roular,
e coas augas do regato,
o rodicio fai cantar.

Tipos de muiños.

Muíño manual.
Muíño de lume.
Muíño de bólas.
Muíño para pó groso .
Muíño de barras.
Muíño de martelos.
Muíño de mareas.

O muíño manual é o que se usa na miña terra. O muíño, cando o meu visavó era xoven, resultaba inprescindible porque, ao moer o millo, alimentaban o gando. Pero alimentábanse máis as persoas -por exenplo co pan de millo, coas papas de millo, etc.-, pero non só moían millo; tamén moían landras e facían pan de landra.

Sara, Martina e Clemente (Equipo nº 2)

Os hórreos de Rois

Un hórreo é unha construción destinada a gardar e conservar os alimentos afastados da humidade e dos animais para mantelos nun estado óptimo para o seu consumo.Hórreo de Seira

Antes da chegada da electricidade e dos sistemas de conservación en cámaras frigoríficas os seres humanos ixeniaron os hórreos para conservar os alimentos dunha maneira moi eficiente.

Características

Caracterízase por manterse levantado sobre alicerces para evitar a entrada de humidade e de animais (especialmente ratos e outros roedores) desde o chan e por permitir a ventilación a través de ranuras nas paredes perimétricas.

As súas dimensións, materiais e os elementos empregados na súa construción son moi variados, aínda que sempre dentro da lista habitual na arquitectura popular: cantaría ou mampostería, madeira de castiñeiro, cuberta de tella cerámica, laxa de lousa ou colmo de centeo. A especificidade do hórreo reside na súa unión co cultivo do millo e á súa maduración e secado en zonas de clima atlántico.

Hórreos de Galicia

O hórreo é unha das construcións típicas de Galicia. A súa forma e o seu nome, varía dunhas comarcas a outras, aínda que todos cumpren as condicións fundamentais de ventilación para o secado do gran.

O uso do hórreo esténdese por boa parte do norte da península Ibérica, con especial abundancia en Galicia, onde a pronta chegada dun inverno longo, frío e húmido obriga a realizar colleitas temperás.

 O hórreo galego é de planta rectangular e de tamaño variable, está construído principalmente en pedra (granito), aínda que se poden atopar combinados con outros materiais como madeira ou ladrillo.

Os hórreos de Galicia reciben diferentes nomes segundo a zona: hórreo ou terrido no centro-norte, calabozo no norte de Lugo, canastro na zona sur.

Os hórreos tipicos en Rois

Hórreo de SeiraEn Rois hai unha clase de hórreos moi especificos, non e que sexa raros senon que son especiais. Son así: entrada e cú de pedra, laterais e teito fitos por tabras de madeira sen esquecer que a súa base e continua.
A nivel de constatación de datas a través das inscricións, atópanse hórreos do S. XVII, S.XVIII, S. XIX, S.XX, tendo maior presencia os dos S. XVIII-XIX. Pola contra, os hórreos dos que non temos constancia escrita da súa datación tratamos de rastrexala a través dos veciños, estudiando a memoria de dito elemento nos antecedentes familiares

Partes dos hórreos
Voadizo/hombreira/tornarratos: Cumpre a función de tornarratos, percorre todo o graneiro, é un saínte das vigas exteriores do chan do graneiro, é a forma que se emprega cando o hórreo posúe cepas. Tamén peza monolítica colocada enriba das cepas de forma rectangular, sobresae en voo con respecto as cepas e ao graneiro.

Capa:Tornarratos de forma cuadrangular ou circular que se coloca enriba dos pés do hórreo.

Graneiro: Zona do hórreo onde se almacena o gran ,habitualmente adopta a forma rectangular, que se traslada á totalidade do mesmo. A colleita gárdase a modo de almacenamento vertical, de forma que se cerran os banzos ( no interior do hórreo) en base a superposición de fiadas de tabulas que se suxeiten nas parellas enfrontadas dos pesdereitos. Cando un banzo está cheo, procédese do mesmo modo a encher o seguinte.

Banzo/pouso/claro/estalla: Partes nas que se divide o graneiro, espacio que queda entre cada parella de pésdereitos. Soen ser de capacidades distintas que se miden en ferrados, as mais habituais son de 80 e 100.

Soleira: Parte do tornarratos que se ubica debaixo da porta, posúe forma cuadrangular, e sirve para facilitar o aceso o graneiro.

Penal: Laterais dos hórreos, poden cerrar o hórreo ou poden posuír a porta de acceso. Orientados, polo xeral, de norte a sur. O penal norte pode cerrarse con balaústre de madeira ou ben cunha porta de acceso. O do sur cérrase completamente con muro en base a fieiras de granito. Mentres o primeiro favorece a entrada do vento procedente do norte, que facilitando o secado da colleita, o segundo cérrase completamente para evitar a entrada de choiva que arrastran os ventos do sur. É habitual que o norte se coroe cunha cruz e o sur co denominado remate.

Pedereito:Cada unha das vigas pétreas que conforman a estructura do graneiro e separan os claros, colócanse en parellas enfrontadas.

Cornixa: Parte saínte na zona superior do graneiro onde se asenta a cuberta, a forma mais habitual é moldurada, pode ser de madeira ou pedra.

Pinches:Denomínase así ao frontón, peza triangular que remata o penal.

Balaustrado/balaústre: Cerre de madeira que se localiza nos banzos, en base a fiadas verticais de táboas e un ou dous listóns horizontais incrustados nos pesdereitos que serven de reforzo. Facilita a entrada do vento e impide a entrada da choiva, para que seque o gran.

Cuberta. É a dúas augas, con tella do país ou ben tella inglesa.

Sobrepena: Peza pétrea que coroa o pinche, serve para suxeitar o tellado.

Cruz:Elemento simbólico que coroa o hórreo, localízase nun dos penais, (depende dos ventos, o habitual é localizalo no lado norte ou este) si o hórreo posúe a entrada no penal a cruz localízase enriba da mesma.

Remate:Ornamentación simbólica situada no remate de un dos penais. Denomínase así por que é o elemento do hórreo que se coloca ao remate da construcción de mesmo, é “ o punto final”.

Doela:Parte do cerre pétreo da tipoloxía de hórreos de pedra, cada unha das pezas que o conforman nas que se labran directamente os ventos.

Fieiras: Filas de pedra, habitualmente en disposición horizontal,superpostas forman o corpo do graneiro na tipoloxía de pedra e o penal sur na tipoloxía mixta.

Macizo:Peza de pedra en disposición horizontal que se coloca debaixo da cepa ou pé do hórreo ocupando a totalidade da superficie deste, sirve de reforzo á repisa de sustentación ou ben é a base sobre a que se apoia o hórreo.

Ventos:Furados polos que entra o aire “ o vento” encargado de secar a colleita, reciben este nome nos hórreos de pedra, de xeito que as doelas lábranse no borde superior e inferior de forma abocianada, para que o vento se dirixa ao interior. Eixola: Moldura, forma circular, volta, que debuxan os materiais, tanto na pedra como na madeira, emprégase sobre todo para denominar aos ornamentos que se tallan na burra onde se une a cornisa e sae en voo ao exterior.
 

Encaixe:Perforacións realizadas nas pezas de granito, coa función de encaixar unhas pezas nas outras, non se emprega argamasa. Tamé se denomina así os furados que se practican no derradeiro chanzo do patín de acceso ao hórreo, nos que se inserta a esqueira para subir ao mesmo. A súa función é evitar que esvare a esqueira.

Feito por: Salomé, Javier e Santi.
Basado nun traballo sobre os hórreos de Rois realizado por Erundina Figueira Alvela, Anayansi Expósito Singh

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: